Celta Media: GLASGOW CELESTE 🩵
Hai viaxes que son moito máis ca 90 minutos de fútbol. Viaxes que deixan pegada, que unen culturas e que pasan a formar parte da nosa memoria.
O maior desprazamento europeo da historia do Celta ben merecía unha reportaxe para a lembranza.
Glasgow recibiunos coa súa historia, coa súa música, coas súas tradicións e cunha paixón polo fútbol que sentimos moi nosa.
Percorremos as súas rúas para descubrir as orixes do Celtic, os lugares que forxaron a identidade da cidade e os lazos que nos unen.
E acompañamos á nosa afección desde a ilusión da partida ata a emoción dunha vitoria inesquecible.
22 minutos de música, cultura, fútbol e irmandade. Unha viaxe para a historia e unha noite que o celtismo non esquecerá xamais.
Reportaxe completa 👉